A programación do módulo recolle os obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación que se aplicarán ao longo do curso. Serve como guía para que coñezades o que se pretende acadar, o tipo de actividades que realizaredes e a maneira en que se valorará o voso traballo e participación.
Nesta presentación explico de maneira sinxela o que imos facer ao longo do módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo. Verás en que consiste o módulo, que temas trataremos en cada unidade e, sobre todo, como se vai avaliar o teu traballo e como poderás recuperar se algo non sae ben á primeira. A idea é que coñezas desde o principio que se espera de ti e como podes ir mellorando paso a paso. 🌱