Prezado profesorado, CARTES a través do proxecto 2025-1-ES01-KA171-HED-000338947 financia unha mobilidade á Universidade de Pristina en Kosovo. A convocatoria desta mobilidade ten antedecentes:
CARTES informou a CIFP Imaxe e son / Internacional o 19 de xuño que dispuñan de prazas vacantes para participar no UPward International Student Film Festival do 7 ao 11 de xullo.
CIFP Imaxe e son / Internacional mostrou interese por unha praza.
Dado que na recente convocatoria para profesorado só se presentou un docente, nesta ocasión a oferta é para un profesional do audiovisual vinculado á rodaxe de obras audiovisuais.
A persoa seleccionada, unha vez rematada a experiencia, terá que expor ao alumnado de CIFP Imaxe e son o realizado durante a mobilidade.
Debido ao protocolo de selección de persoal as datas do procedemento son necesariamente reducidas.
O prazo de entrega da solicitude remata o día 23 de xuño ás 12:00h
En síntese:

Pode consultarse a convocatoria en: https://cifp.eis.gal/wp-content/uploads/2026/06/1_CARTES_CONVOCATORIA_Profesional_XUNO_19_26_II.pdf
Para calquera dúbida quedo a vosa disposición en internacional.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal
Carlos Oro.
Coordinador internacional