PUBLICACIÓN DE OFERTA DE MOBILIDADE A KOSOVO. Remate do prazo de entrega da solicitude o día 23 de xuño ás 12:00h.

PUBLICACIÓN DE OFERTA DE MOBILIDADE A KOSOVO. Remate do prazo de entrega da solicitude o día 23 de xuño ás 12:00h.

por Carlos Oro Claro -
Número de respostas: 0

Prezado profesorado,

CARTES a través do proxecto 2025-1-ES01-KA171-HED-000338947 financia unha mobilidade á Universidade de Pristina en Kosovo.

A convocatoria desta mobilidade ten antedecentes:
CARTES informou a CIFP Imaxe e son / Internacional o 19 de xuño que dispuñan de prazas vacantes para participar no UPward International Student Film Festival do 7 ao 11 de xullo. 
CIFP Imaxe e son / Internacional mostrou interese por unha praza. 
Dado que na recente convocatoria para profesorado só se presentou un docente, nesta ocasión a oferta é para un profesional do audiovisual vinculado á rodaxe de obras audiovisuais. 
A persoa seleccionada, unha vez rematada a experiencia, terá que expor ao alumnado de CIFP Imaxe e son o realizado durante a mobilidade. 
Debido ao protocolo de selección de persoal as datas do procedemento son necesariamente reducidas.   
O prazo de entrega da solicitude remata o día 23 de xuño ás 12:00h

En síntese:

Pode consultarse a convocatoria en: https://cifp.eis.gal/wp-content/uploads/2026/06/1_CARTES_CONVOCATORIA_Profesional_XUNO_19_26_II.pdf

Para calquera dúbida quedo a vosa disposición en internacional.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal


Carlos Oro.

Coordinador internacional