Prezado profesorado,
Comparto a información dispoñible a día de hoxe da oferta de mobilidades 25-26. (Enlace ao final deste texto)
Son moitas as mobilidades ofertadas e moi pouco o persoal para xestionalas. Infiro que haberá prazas para cada unha das persoas que polo de agora solicitaron información a coordinación internacional para realizar unha mobilidade. Xa que logo solicito a vosa colaboración.
PUBLICACIÓN DE CONVOCATORIAS (En WEB e Aula virtual)
Consellería_ 4 de febreiro.
Proxecto Propio 24-26_ 6 de febreiro.
Proxecto Propio 25- 27_ 6 de febreiro.
Carttes_ 9 de febreiro.
A miña idea é que o día 20 de febreiro estén publicadas as resolucións definitivas (agás as mobilidades da Consellería)
FASES DA XESTIÓN DAS MOBILIDADES
A xestión da mobilidade é simple, en catro pasos:
1º_ Publicación da Convocatoria e adxudicación de mobilidades.
2º_ Cada persoa beneficiaria investiga, contacta e acorda coa organización de acollida a aceptación da proposta de mobilidade.
3º_ En coordinación internacional, a persoa beneficiaria e Dirección CIFP Imaxe e son asinan un "Convenio de subvención". Asínase tamén entre CIFP Imaxe e son, a organización de acollida e a persoa beneficiaria un "Acordo relativo as actividades que se realizarán durante a mobilidade". O venres da semana sinatura o Secretario de CIFP Imaxe e son fai o pagamento da axuda.
4º_ Inicio da mobilidade.
BUSCANDO ORGANIZACIÓN DE ACOLLIDA.
Coordinación internacional pode guiarte no proceso. Podes facer ti tamén unha búsqueda persoal.
Considera:
I. CENTROS DE FORMACIÓN SUPERIOR E UNIVERSIDADE.
Listaxe de institucións de Educación Superior socias de Erasmus+
En: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/document/higher-education-institutions-holding-an-eche-2021-2027
Explico, os miles de centros acreditados teñen na web: Formación / Materias impartidas / Profesorado; e tamén un enlace a Coordinación internacional. O procedemento é simple: cando teñas seleccionado o Centro de acollida / Especialidade/ Docente, ponte en contacto con Coordinación intrenacional CIFP Imaxe e son. Falamos. Enviamos un correo a internacional do centro de acollida. Si contestan, iniciamos a xestión da mobilidade.
Ao meu entender estaría ben acercarse a algún destes:
CILECT: https://cilect.org/FILMEU
FILMEU: https://www.filmeu.eu/
(Si coñeces algún outro comparte e actualizo a proposta)
II. BUSCANDO EMPRESAS.Utiliza os teus contactos con profesionais que traballaron con persoal internacional. Podes tamén consultar as filmcommission de cada País / territorio. Vai enlace á metafilmcommission de EUROPA:
En: https://eufcn.com/
III. BUSCANDO BIP.
Hoxe é doado. Fai unha pregunta simple a AI "En contexto ERASMUS+ educación superior que é un BIP".
Menos doado é atopar a oferta de actividades de formación BIP. Vai un exemplo dunha web dunha universidade de Polonia: https://erasmusbip.org/list-of-bips/
IV. BUSCANDO CURSOS DE FORMACIÓN
Para estar ao día en cada especialidade haberá que investigar. Vai un exemplo do que cursos no contexto PROGRAMA MEDIA.
En: https://www.oficinamediaespana.eu/formacion
Finalmente,
Para calquera dúbida ou suxerencia quedo a túa disposición persoalmente en coordinación internacional. Podes pasarte pola mesa de traballo ou enviarme un correo a internacional.cifp.imaxe.son@edu.xunta.gal
Saúdos.
Grazas pola vosa colaboración.