En preparación a mobilidade ENTRANTE e SAÍNTE a Universidade de Prístina (Kosovo)

En preparación a mobilidade ENTRANTE e SAÍNTE a Universidade de Prístina (Kosovo)

por Carlos Oro Claro -
Número de respostas: 1

Prezado persoal docente,

Asunto: Mobilidade ENTRANTE e SAÍNTE a Kosovo.


O CONSORCIO CARTES, en coordinación con Universidade de Prístina e CIFP Imaxe e son, está preparando as seguintes mobilidades.




 
 
 
PRIMEIRA: INCOMING de persoal docente de Prístina a A Coruña.

Visitantes: 6 docentes virán a CIFP Imaxe e son entre o 12 e o 16 de maio para realizar unha experiencia de formación Job shadowing.

- Prof. Ismet Sijarina film/tv directing department
- Prof. Mirsad Lushtaku, vice dean and Grahic department!
- Bardhyl Bejtullahu, graphic and digital media
- Prof. Luan Kryeziu Production department
- Blerim Gjinovci Camera/ editing department
- Ass. Prof. Durim Kryeziu academic development coordinator and Dramatic Arts department- filmm directing profile

Calendario de actividades (en preparación):

>Luns:        Visitas institucionais. Reunión Dirección, coordinación, persoas mentoras. 
                    Aperitivo entre equipo de Prístina e CIFP Imaxe e son.

>Martes: 
                   Presentación do modelo formativo do centro de formación de Prístina.
                   Encontro entre profesoras e profesores por especialidades. 
                   Encontro de cada docente con almnado de CIFP Imaxe e son

>Mércores: 
                   Visita a Institucións e Empresas en Santiago de Compostela.

Xoves:
                   Visita a Empresas e Institucións en A Coruña.

>Venres:      Preparativos do proxecto que o persoal docente e alumnado realizarán a finais de xuño /(data sin concretar)  na semana do   
                     Film Festival de Pristina. 
                     Comida de despedida.



SEGUNDA: Profesorado e alumnado de CIFP Imaxe e son viaxará ao Film Festival de Prístina.

De momento está acordado co CONSORCIO CARTES que 1 persoa docente e 3 estudantes participen na produción  dunha curtametraxe durante o Festival de cine de Prístina. Negociarei Con CARTES  para que sexan 2 as persoas docentes beneficiarias.

 
Informo sobre algún detalle de interese:

 
> Universidade:  University of Prishtina “Hasan Prishtina”. Kosovo.

>  Summer University 2024. Faculty of Arts Program.

     Programa de 2024 (pendente de publicaión o de 2025) en https://arte.uni-pr.edu/page.aspx?id=2,104,813

> Datas: Xuño- Xullo,2025 (pendente de concreción)

> Duración: 1 día de viaxe + 5 días de estancia + 1 día de volta.

> Financiamento CARTES: Consulta:   

    http://www.sepie.es/doc/comunicacion/publicaciones/2024/ayudas_erasmus_2024_educacion_superior_ka131.pdf


SELECCIÓN DE PERSOAL PARTICIPANTE:

A efectos de seleccionar ao personal de CIFP Imaxe e son que participará nas dúas actividades debe considerarse:

1º_CIFP Imaxe e son ofrecerá a dúas persoas  do persoal docente a posibilidade de exercer como mentor ou mentora das actividades enrante e saínte. 

2º_As responsabilidades destas dúas persoas será:

      > Colaborar na organización das sesións do martes entre docentes dos dous centros.
      > Participar nalgunha visita institucional ou a empresa o mércores e o xoves.
      > Preparar a actividade saínte do alumnado de CIFP Imaxe e son ao Festival de cine de Prístina.
      > Asistir ao aperitivo do primeiro día e a cena final. 

3º_As  persoas mentoras serán as beneficiarias da mobilidade a Kosovo co alumnado que consideren para producir e realizar a curtametraxe.

Finalizada a actividade entrante e concretados os detalles da mobilidade saínte será cando  CIFP Imaxe e son / Internacional publique a convocatoria de mobilidade a KOSOVO.


Finalmente, 

Entre as persoas interesadas faremos unha reunión para analizar en detalle cada actividade o vindeiro mércores de 11:00 h a 11:30 h. 
Si tes interese en participar como mentora ou mentor nestas actividades envíame  a túa solicitude como resposta a este correo.

Para calquera dúbida quedo a túa disposición.

Saúdos,

Carlos Oro
Coordinador de proxectos internacionais
CIFP Imaxe e son
A Coruña





En resposta a Carlos Oro Claro

Re: En preparación a mobilidade ENTRANTE e SAÍNTE a Universidade de Prístina (Kosovo)

por Ariadna Leis Capelo -
Boas Carlos:
Como che dixen, o día 14 de maio temos reservada unha visita á TVG para quen queira ir. Se che resulta de interese, aí tes a proposta xa que vexo que será o día que vaian a Santiago de Compostela.

Pola miña parte non habería problema en acompañar ao docente que vaia responsable cos 3 alumnos/as. Pero como sabes, fun seleccionada como tribunal de oposición este curso, e coido que nesas datas estaremos xa traballando niso e non sei se poderei ir...

Saúdos,

Ari