RETROALIMENTACIÓN OU FEEDBACK DA AVALIACIÓN
ENFOQUE
Focalizado na persoa, o obxectivo é provocar un impacto na autoestima: "Es un bo alumno" ou "Fixeches un gran traballo". Destacar o desempeño e o esforzo xeralmente consegue efectos positivos: incremento na autoconfianza e na capacidade de logro.
Focalizado na tarefa, en como a resolve o alumnado e en como autorregula a súa aprendizaxe, é máis produtivo como recoñecen case todos os autores e autoras.

Preguntar como fixo a tarefa ou como podería facela para obter mellores resultados favorece a organización, a anticipación e a autonomía no proceso.
Ademais o alumnado infire os seus modos de pensar e as súas estratexias, cales son as súas fortalezas e debilidades, como convivir con elas e como progresar.
CONTIDO
• Identifica fortalezas, non só debilidades. Enumera os acertos e non só os erros.
• Baseado en datos e observacións.
• Prioriza e responde ás necesidades do alumnado. Limitado.
• Atende secuencialmente un ou dous aspectos á vez.
• Específico, concreto, non xenérico ou de valoración subxectiva.
• Contrastado con criterios de avaliación e resultados de aprendizaxe.
• Compara ao alumnado consigo mesmo, con desempeños/actitudes anteriores. Pero non con outros/as.
• Inclúe sempre un aspecto positivo ou unha proposta de mellora .
• Os erros non deben ser castigados. Enténdense como oportunidades de mellora.
FORMA COMUNICATIVA
• Utiliza unha linguaxe axeitada á idade e ao nivel educativo do alumno ou alumna.
• Describe máis que xulga, expresa máis o que vemos que o que sentimos ou pensamos. As críticas son construtivas, non personalizadas ni xeneralizadas.
• Evitamos empregar as verbas: sempre, nunca, todo, nada.
• As devolucións son propostas ao alumnado e non imposicións.
• Concíbese como espazo de diálogo, oportunidade de cambio e mellora.
TIMING/MOMENTO
O momento más axeitado: sempre o máis próximo á realización da tarefa; porque se se posterga moito non se consegue o efecto desexado da mellora do pensamento e do proceso de aprendizaxe do alumno ou alumna.
O importante é que o feedback ou retroalimentación traballe sobre o futuro e non que simplemente mire ao pasado mencionando os erros cometidos.
Xefatura do DIOP
CIFP A GRANXA