
Este módulo contén a formación necesaria para o desempeño de actividades relacionadas coa xestión de aloxamentos turísticos.
A xestión de aloxamentos turísticos inclúe o desenvolvemento na lingua estranxeira dos procesos relacionados e o cumprimento de procesos e protocolos de calidade.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais do ciclo formativo e as competencias do título.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:
- descrición, análise e aplicación dos procesos de comunicación utilizando a lingua estranxeira;
- caracterización na lingua estranxeira dos procesos incluídos na xestión de aloxamentos turísticos;
- avaliación e identificación de procesos de calidade na empresa, e elaboración na lingua estranxeira de documentos asociados á xestión de aloxamento;
- identificación, análise e procedementos de actuación na lingua estranxeira ante situacións imprevistas (queixas,reclamacións,etc.).
- Teacher: María Inés Salgado Martín