Opcións de matriculación

Neste módulo traballaremos o inglés como unha ferramenta práctica de traballo integrada no día a día da industria alimentaria. O obxectivo é que adquirades a autonomía necesaria para entender, comunicarse e manexar documentación técnica do voso sector en lingua estándar.

📌 Que imos traballar ao longo do curso?

Traballaremos as catro habilidades lingüísticas aplicadas ao ciclo de Elaboración de Produtos Alimentarios:

  1. Comprensión oral (Listening): Interpretar instrucións de traballo, mensaxes de voz, indicacións de seguridade e conversacións profesionais no contorno da planta de procesado.

  2. Comprensión escrita (Reading): Comprender textos técnicos sinxelos, manuais de maquinaria, fichas de seguridade e hixiene (APPCC/HACCP), táboas nutricionais e etiquetaxe de alérxenos.

  3. Expresión e interacción oral (Speaking): Explicar fases dun proceso de produción, describir incidencias ou avarías na liña, responder en contextos sociolaborais (incluída a entrevista de traballo) e aplicar protocolos de comunicación formal e cortesía.

  4. Expresión escrita (Writing): Redactar correos electrónicos profesionais básicos (pedidos, consultas, reclamacións), cubrir rexistros diarios de control (temperatura, trazabilidade) e elaborar notas breves de traballo.

  5. Aspectos socioprofesionais e culturais: Coñecer os usos, costumes e normas de relación social e laboral no ámbito profesional en contornos internacionais.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.