Tap1_UD2. Programando as chamadas saíntes en axenda e adaptando a linguaxe á persoa usuaria.
Requisitos do completado
Le o apartado 4 da Unidade. A continuación trata de organizar os seguintes casos en función da prioridade de acordo cos criterios estudados e indica a orde de chamada que establecerías así como o tipo de chamada saínte.
- Antonia é unha usuaria á que hai que chamar con certa frecuencia porque é unha persoa que non gosta de sentirse soa e necesita da nosa compañía.
- Ramón acaba de perder á súa muller hai poucos meses e necesita de moito apoio persoal. Xa tentou suicidarse varias veces.
- Luisa ten unha cita de médico mañá ás 10:00 da mañá e necesitamos lembrarlla.
- Esteban é unha persoa que está a tomar unha medicación para a diabetes e que non pode deixar de tomala, xa se esqueceu varias veces polo que debemos lembrarllo constantemente todos os días.
- Aparece unha alarma en pantalla por posible inundación na casa de Manuel, un dos nosos usuarios.
- Simón non ten problemas significativos, pero levamos tempo sen falar con el e deberiamos realizar unha chamada para conversar con el e ver que todo segue transcorrendo con normalidade.
- Pepe leva tempo sen aparecer polo seu domicilio e cónstanos que non leva o dispositivo inalámbrico con el, polo que deberiamos chamar á familia para comprobar que todo está ben e que eles están ao corrente do que sucede.
Despois selecciona un deles, o que máis che guste, e establece un protocolo a seguir no establecemento dun contacto telefónico con dita persoa (chamada saínte do servizo) marcando os pasos a seguir e o procedemento (apóiate no Diagrama de chamadas). Podes axudarte do apartado 5.2, 5.3 e 5.4 se preferides representar a situación a través dun roleplaying.
Faino todo nunha única entrada.
Criterios de avaliación que se traballan:
| CA2.3 Programáronse as chamadas en función do número, o tipo e a prioridade establecida no protocolo | |||
|---|---|---|---|
| CA2.8. Argumentouse a valoración do uso dunha linguaxe apropiada á persoa que recibe a chamada saínte. |
Aínda non hai temas de debate neste foro