Obxeto
Alumnado de 1º Curso de Réxime Ordinario que accede a 2º curso do mesmo ciclo. Poderá presentar a matrícula para o vindeiro Curso 2020/21 preferentemente de xeito telemático ou presencialmente na secretaría do centro.
A quen vai dirixido?
Alumnado do centro de 1º Curso de Réxime Ordinario: FP Básica, Ciclos Medios, Ciclos Superiores
Documentación a presentar
Esta documentación deberá ser enviada nun único correo electrónico ao enderezo cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal ou entregada na secretaría.
- ANEXO I_Formulario de matrícula_Ciclo Medio e Ciclo Superior
- ANEXO I_Formulario de matrícula_FP Básica
- Copia do NIF/DOI/Pasaporte (escaneado ou fotografía lexible)
- Documento bancario pago do Seguro Escolar: 1,12 € (só menores de 28 anos) Entidade Banco Santander - Nº conta: ES35 0238 8280 1006 6000 0271
- 1 fotografía actual tipo carnet