Dado que no CIFP Carlos Oroza levamos, dende hai moitos cursos, unha extensa e concreta traxectoria no ámbito da aplicación de medidas que favorezan nos procesos internos o respecto polo medio ambiente e as prácticas asociadas a moitos dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) marcados pola ONU pensamos que o máis adecuado nestes momentos é tratar de ofrecer un enfoque moi práctico e real no desenvolvemento das TP e TA. Deste xeito tamén pensamos que este enfoque práctico onde entenderemos ao CIFP Carlos Oroza como un “sistema produtivo” axudará a promover, fixar e facer moito máis ampla as nosas políticas e prácticas internas no campo do consumo responsable, a sustentabilidade e a mellora social e cultural do noso alumnado e persoal
Ámbito de aplicación e enfoque práctico do módulo
Os ciclos formativos sobre os que actuaremos no curso 2025-2026 profesional son:
Dirección de servizos en restauración (DIRSER)
Dado que é un módulo dentro do ciclo de dirección de servizos en restauración con certas diferenzas no enfoque práctico e metodolóxico, con respecto a outras familias profesionais (e incluso na mesma familia) trataremos de centrar ao máximo o tipo de TP e TA para que o deseño do módulo de SASP (Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo) poda empregarse na maior parte das 30 horas indistintamente en calquera dos ciclos nos que se imparta, mais o obxetivo e aplicalo no MP0509 Procesos de servizos en bar-cafetaría.
As actividades deseñadas (30 en total) pódense alterar e/ou modificar no calendario en función das necesidades e/ou o enfoque do profesorado que imparta docencia en cada ciclo formativo.
A partir do primeiro día de actividade e durante as 30 horas de duración das que conta o módulo procuraremos que todos/as alumnos/as e profesores/as traten de realizar un exercicio de posta en situación real onde o CIFP Carlos Oroza será o “sistema produtivo” sobre o que actuaremos cara á aplicación e implantación dun modelo real de extensión dos ODS e ASG. Para elo teremos presente varios ámbitos de actuación nos que sustentaremos todas e cada unha das prácticas de aprendizaxe sistemática; estes ámbitos serán, principalmente, os seguintes:
– Horta escolar e modelo de economía circular do centro educativo, recuperación da contorna.
– Aproveitamento dos recursos.
– Eliminación do desperdicio alimentario.
– Adecuación das actividades do centro á nosa contorna.
– Eliminación ou substitución do uso de produtos químicos e plásticos innecesarios.
– Modelo de separación de residuos orgánicos e compostaxe.
– Relación e colaboración con outros centros e entidades para comunicar as nosas actividades.
– Accións para promover o consumo responsable de materias primas de calidade.
– Detección de puntos de mellora na aula Suso Domínguez.
As actividades e a planificaciónO módulo profesional SASP impartirase en sesións de 60 minutos semanalmente e durante 30 horas ata concluír as actividades programadas. Procuraremos que o avance de todos os ciclos participantes sexa progresivo e paralelo, na medida do posible, ao longo do curso escolar.
O deseño das actividades tense realizado pensando na posibilidade de realizar alteracións na orde das mesmas sen que na maior parte dos casos isto repercuta na aprendizaxe sistemática do alumnado participante. Tamén se realizou un deseño de actividades que se sustenta en enfoques moi prácticos onde o alumnado poda aplicar a aprendizaxe noutros módulos que cursa no centro e tamén en situacións diarias na súa vida persoal.
Para o avance progresivo na aprendizaxe do alumnado trataremos de seguir unha secuencia lóxica e polo tanto respectaremos o grao de incorporación paulatina ás actividades prácticas nos talleres de hostalaría realizando unha exposición paralela dos ámbitos que son necesarios para entender os procesos máis importantes que se levan a cabo nas diferentes accións que repercuten no sistema de separación de residuos e aproveitamento de materia orgánica. A partir de aí daremos pasos enraizados nestes ámbitos permitindo que o alumnado vaia avanzando de xeito escalonado noutros ámbitos como a sustentabilidade e a economía circular.
Para a planificación das actvidades do módulo de SASP proponse unha secuencia de execución modificable en caso necesario. :
- Profesor: PROFESOR Marcel Schaal