- Inicio
-
O centro
- Información
- Coordinacións e equipos
- Excelencia
- Innovación
- Organigrama
- Oferta
- Secretaría
- Alumnado
- Internacional
- Programacións
- Portal Educativo
Dende o Equipo de Dinamización da Convivencia e Benestar do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto dámosvos a benvida a este espazo onde compartiremos as propostas que imos levar a cabo e que pretenden:
- Traballar no marco da cultura de paz evitando comportamentos sexistas, homófobos, racistas e discriminatorios.
- Manter unha convivencia positiva entre as persoas que forman parte da comunidade educativa.
- Facilitar a comunicación e resolución positiva dos posibles incidentes que podan aparecer no centro.
- Favorecer a participación activa de todas as persoas que compoñen a comunidade educativa.
- Facilitar instrumentos e recursos para a prevención da violencia e a mellora constante da convivencia no centro
- Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos homófobos, xenófobos e racistas.
- Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de todo o alumnado do centro independentemente da súa orixe, crenza, identidade e orientación sexual e xénero.
- Potenciar a mediación como método prioritario de resolución dos conflitos.
O equipo de dinamización da convivencia e benestar, a comisión de convivencia, o departamento de orientación e información profesional, as titorías e o equipo de mediación ademáis do equipo directivo son as estructuras que velan polo mantemento e mellora constante da convivencia no noso centro.
Animámosvos a participar e a achegar todas as ideas e propostas que consideredes.
Se queres ampliar a información sobre a MEDIACIÓN e/ou necesitas contactar co equipo de mediación pincha na seguinte ligazón