Test de Personalidade: Que tipo de docente eres?
Benvindos/as ao Test de Personalidade sobre a Integración de Tecnoloxías na Aula de Linguas Estranxeiras!
O obxectivo deste test é axudarvos a descubrir que tipo de profesor/a sodes en relación coa integración da tecnoloxía na vosa práctica de ensino. Completade o test con sinceridade, seleccionando a opción que mellor describe a vosa opinión ou comportamento en cada situación. Fixádevos que non hai respostas correctas ou incorrectas, só queremos coñecer a vosa perspectiva sobre o uso da tecnoloxía na aula de linguas estranxeiras cun toque de humor!
Ao finalizar o test, proporcionarémosvos unha análise que identificará o voso tipo de personalidade en relación coa integración das TIC na aula. Esta información pode axudarvos a comprender mellor as vosas preferencias e a orientarvos na exploración de novas oportunidades de desenvolvemento profesional! Imos aló?
Agradecemos a vosa participación e compromiso neste proceso. Sen máis dilación, ¡empecemos!