Datos de actividade
Requisitos do completado

Acceda a través de FProfe > Convocatorias > PFPP > Consultar > Datos da actividade.
O apartado de datos da actividade recolle a información xeral do PFPP, funcionando como un resumo do mesmo. Moitos campos complétanse automaticamente. O máis relevante para vostede neste punto é explicar a motivación que lle leva a considerar necesario o PFPP, así como definir claramente os obxectivos que desexa acadar a través deste plan.
Que cómpre facer nesta lapela?
- Introduza o número total de participantes no PFPP.
- Indique a motivación para participar no PFPP no apartado Xustificación.
- Revise os obxectivos que pretenden acadar coa formación.
- Por favor, non modifique ningún outro apartado desta lapela.