Proceso de descarga do Anexo II.

O Anexo II é o documento mediante o cal a relación de participantes nas diferentes actividades do PFPP expresa a súa conformidade para participar no plan segundo as pautas coas que foi deseñado.


Paso a paso

Para descargar o Anexo II, proceda do seguinte xeito:

      1. Acceda a FProfe cos seus credenciais instucionais.
      2. No menú lateral esquerdo, prema sobre Convocatorias e, a continuación, sobre PFPP > Completar.
      3. Diríxase á lapela Datos da actividade.
      4. Prema no botón Xerar informes da lapela.
      5. Acceda ao Buzón de informes e descargue o arquivo Anexo II. En PFPP de continuidade, non precisa os outros documentos.
      6. Imprima o Anexo II.
      7. Solicite ás persoas que participan no PFPP que asinen o documento.
      8. Solicite ao director/a do centro que sele e asine o documento.


 
Imaxes de exemplo do Anexo II.

⚠️
Escanee o documento e entrégueo en formato PDF.
Por favor, non envíe un documento fotografiado.


Revise o documento

Velaquí os requirimentos que debe satisfacer o Anexo II:

  • Revisei que a información dos diferentes apartados é correcta.
  • Todos os integrantes do equipo de formación asinaron no Apartado 1.
  • Todas as persoas inscritas no PFPP asinaron no Apartado 4.
  • Todas as persoas inscritas nas respectivas actividades asinaron no Apartado 5.
  • Ningunha persoa inscrita está en situación de baixa laboral.
  • Non existen sinaturas "por orde delegada".
  • O documento está asinado polo/a director/a do centro.
  • O documento conta co selo do centro.