Acceda a través de FProfe > Convocatorias > PFPP > Consultar > Indicadores avaliación.

Os indicadores de avaliación permiten comprobar se os obxectivos da formación foron acadados. A tal fin, cómpre ter claro cal vai ser o produto final, é dicir, o material que se comprometen a entregar coma evidencia do traballado ao longo do PFPP. A redacción dun indicador de avaliación ten tres partes:

  • O produto entregable que servirá de evidencia denomínase característica.
  • O proceso que describe como ese produto permite acadar o obxectivo denomínase indicador.
  • O valor medible que permite comprobar de forma obxectiva se un indicador foi acadado é o criterio de aceptación.

Lembre que o obxectivo último é mellorar a aprendizaxe do alumnado. Así pois, defínense dous tipos de indicadores:

  • Indicador de avaliación da aplicación na aula
    Permite verificar que o traballo desenvolvido na formación empregouse co alumnado.
    Ver exemplo

    Itinerario

    Característica

    Indicador

    Criterio de aceptación

    Temporalización

    Proxectos de produción audiovisual

    Material didáctico sobre ferramentas de edición

    O profesorado participante deseña materiais didácticos para o ensino das ferramentas de edición.

    Unha %/todo o profesorado do GT utiliza na aula (nº) o material didáctico deseñado no que se utilizarán ferramentas dixitais de edición.

    Final de curso


  • Indicador de avaliación do impacto na aula
    Permite comprobar se o traballo desenvolvido na formación supuxo unha mellora real da aprendizaxe do alumnado.
    Ver exemplo

    Itinerario

    Característica

    Indicador

    Criterio de aceptación

    Temporalización

    Proxectos de produción audiovisual

    Reflexión sobre a avaliación desenvolvida dos proxectos audiovisuais

    O profesorado participante aplica instrumentos de avaliación para valorar os proxectos audiovisuais

    Unha %/todo o profesorado utiliza (nº) instrumentos de avaliación (rúbricas, listas de cotexo, indicadores, etc…) para medir a mellora dos produtos finais dos proxectos e/ou do proceso de elaboración do mesmo e fai unha reflexión do resultado

    Final de curso



Que cómpre facer nesta lapela?

  • Revise os indicadores de avaliación da aplicación na aula definidos para cada un dos itinerarios do PFPP.
  • Revise os indicadores de avaliación do impacto na aula definidos para cada un dos itinerarios do PFPP.