Participantes
Requisitos do completado
Acceda a través de FProfe > Convocatorias > PFPP > Consultar > Participantes.
Configuradas as actividades, xa pode inscribir á relación de persoas que participarán en cada unha delas. Cómpre ter en conta certas consideracións:
- O número mínimo de participantes nunha actividade é de 3 persoas.
- Pódese participar en varias actividades formativas.
- En caso de concorrencia nas datas das actividades formativas, unha persoa que participe en ambas só pode asistir a unha de elas.
- Unha persoa pode certificar ata un máximo de 100h de formación no PFPP durante o curso académico.
- Poden inscribirse persoas que estean en situación de permiso ou licenza.
- Non se poden inscribir persoas que actualmente estean en situación de baixa laboral.
- Non se poden inscribir persoas por solicitude delegada.
Que cómpre facer nesta lapela?
- Para cada unha das actividades, inscriba á relación de docentes que voluntariamente desexan participar.