Detección de necesidades
Introdución
A formación de centros xorde coma unha oportunidade para atender ás necesidades específicas do centro. Nese sentido, toma relevancia facer unha correcta detección de necesidades. Petende ser unha guía de reflexión de que somos e onde estamos para establecer os obxectivos de formación do centro.
A detección de necesidades realízase a comezo do curso e pode modificarse de ano en ano. . FProfe... Corresponde ao Corresponde ao equipo de Dirección, xunto coa Equipa de Formación facer esta análise
Campos que se solicitan
- Descrición e contextualización do centro educativo
Non é precisa unha descrición física nin histórica do centro. Só cuestións con máis relevancia para o que se pretende co PFPP: situación rural, semi-rural ou urbana; tipoloxía das ensinanzas que se imparten; contexto do alumnado e das súas familias (nivel socioeconómico e cultural, etc…); situación do claustro (profesorado definitivo ou provisional, grao de implicación, mobilidade, etc…) - Metodoloxías didácticas do centro
Se se están a traballar metodoloxías como a aprendizaxe por proxectos, cooperativo…; se se está inmerso en proxectos institucionais como Erasmus ou plan proxecta ou contratos-programa, PLANBE, EDIXGAL, LÓVA, EDUCACIÓN RESPONSABLE, etc…; se se están promocionando actividades STEM; se se están levando a cabo programas de convivencia, inclusión, etc… - Recursos
aquí podemos describir os recursos dos que dispomos: aulas de informática ou ordenadores nas aulas; espazos multifuncionais para a aplicación de determinadas metodoloxías; moblaxe adaptada; material para o apoio de proxectos (radio escolar, aula taller equipada, etc…); etc… Observación de déficits e carencias na aula
análise do alumnado co que se está a traballar no centro. Por exemplo, os que teñan alumando con necesidades específicas de apoio educativo:Alumnado con necesidades educativas especiales: como discapacidade, transtornos graves de conduta
Alumnado con dificultades específicas de aprendizaje: problemas de rendemento en relación ás capacidades de comprensión e expresión oral, lectura, escritura, razoamento e cálculo matemático, etc.
Alumnado con altas capacidades intelectuales: alumnado con nivel sensiblemente superior ao promedio da súa aula.
Alumnado de incorporación tardía: procedente do estranxeiro.
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar: por motivos de saúde, por pertenencia a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios das situacións anteriores mencionadas.
Análise dos resultados das avaliacións individualizadas de 3º e 6º de EP e dos resultados académicos do centro
No caso de centros de primaria poderían utilizarse eses informes das avaliacións individualizadas ou no caso dos IES con secundaria a información que se poida obter nos centros adscritos e das propias análises das avaliacións dos centros.
Recoller de xeito resumido os resultados das avaliacións de diagnóstico desenvolvidas no curso 23-24 en 4º de educación primaria (sobre competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Francés e Inglés) e en 2º de educación secundaria obrigatoria (sobre competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Alemán, Francés, Inglés e Portugués)Aspectos destacables da documentación do centro
Se o PE e os plans preceptivos están elaborados e actualizados (convivencia, dixital, orientación, mellora, benestar, etc…).Obxectivo de mellora a curto e medio prazo
Coa información anterior habería que formular obxectivos de mellora que poidan axudar no deseño da formación dentro do PFPP. Os obxectivos deberían ser SMART: específicos, que se poidan medir; que sexa posible levalo a cabo con eficiencia e eficacia e que se poidan desenvolver nun prazo curto ou medio (neste caso un curto prazo pode ser un curso e un medio prazo dous ou tres cursos)