Equipo de formación
Para executar o correcto desenvolvemento do PFPP é clave designar unha serie de responsabilidades repartidas. O colectivo que asume ditas responsabilidades denomínase equipo de formación. Por tanto, conformar o equipo de formación debería ser o primeiro paso. A tal fin, cómpre entender a estrutura xeral dun PFPP. Existen varias liñas de traballo, definidas no Plan de Formación Anual do profesorado. Dentro de cada liña poden definirse un (ou varios) itinerarios de traballo. Por último, un itinerario pode implicar, á súa vez, unha (ou varias) actividades formativas relacionadas entre si, pero independentes.
Roles a asignar
En consecuencia, o equipo de formación debe estar constituído polas seguintes persoas:
- Compoñente do equipo directivo
Debe ser a persoa directora do centro ou, no seu defecto, outra persoa do equipo directivo na que delegue. - Coordinación xeral do PFPP
Exerce de interlocutor/a principal do centro educativo co CFR de Vigo. En colaboración cos outros membros do equipo de formación, coordina os itinerarios, recompila as evidencias documentais do traballo realizado en cada actividade e elabora a memoria final. Debe ser o/a xefe/a de estudos ou calquera outro/a docente do claustro no que delegue. - Coordinación de itinerario
Coordinará a organización e planificación das actividades propias dese itinerario. Unha mesma persoa pode coordinar varios itinerarios. Se nun itinerario hai máis de unha actividade, poden designarse internamente coordinadores nas actividades. A efectos administrativos, a coordinación seguirá correspondendo co itinerario.
⚠️
Os compoñentes do equipo de formación deben participar, cando menos, nunha das actividades do PFPP.