Coas actualizacións veraniegas da versión de Moodle das nosas aulas virtuais  chegou unha nova ferramenta de teleconferencia, que ven a facilitarnos esta labor.

Se a ferramenta Webex  (na súa versión de pago, que neste momento aínda se está a manter) xa ofrecía interesantes recursos, chega agora Big Blue Button 3, todavía máis sinxela de empregar que Webex e que non depende do sistema operativo no que te atopes. A única condición: ter acceso persoal á aula virtual onde se celebra a conferencia.

Déixovos aquí o resumo das funcións de Big Blue Button 3 nas diapositivas que empregarei durante a teleconferencia:

Última modificación: luns, 31 de xaneiro de 2022, 11:52 AM