Recurso conversa
Requisitos do completado
O módulo de actividade de conversa permítelles aos participantes ter discusións baseadas en texto, en tempo real, síncronas.
A conversa pode ser unha actividade única ou poder repetirse á mesma hora cada día ou cada semana. As sesións de conversa gárdanse e poden estar dispoñibles para calquera para ser ou restrinxir a usuarios coa capacidade de ver os rexistros das sesións de conversa.
As conversas son especialmente útiles cando o grupo que conversa non pode realizar encontros cara a cara, tales como
- Reunións regulares dos alumnos que participan en materias en liña para permitirlles compartir experiencias con outros na mesma materia mais nunha localización diferente
- Un alumno non pode temporalmente asistir en persoa a soster unha conversa co seu profesor para lograr o seu progreso
- Os alumnos nunha práctica de traballo externa reúnense para discutir as súas experiencias entre eles e co seu profesor
- Os nenos máis novos que utilizan a conversa na súa casa polas tardes como unha introdución controlada (monitorizada) ao mundo das redes sociais
- Unha sesión de preguntas e respostas cun relator convidado nun lugar diferente
- Sesións para para axudar os alumnos a se prepararen para probas nas que o profesor ou outros alumnos lle presentan algunhas preguntas de exemplo
Para crear unha conversa

- Activar o "modo edición".
- No tema que queiramos da materia, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionamos a opción "conversa".
- Finalmente pulsamos o botón "Engadir"


Última modificación: venres, 11 de setembro de 2020, 12:00 AM