📢 Aviso importante sobre as imaxes pixeladas en Canva

📢 Aviso importante sobre as imaxes pixeladas en Canva

por María de las Mercedes Orbaneja Fernández -
Número de respostas: 0

Estamos a detectar que varias persoas estades tendo problemas coa pixelación das imaxes nos vosos flipbooks. Tranquilidade: non pasa nada, non prexudica en absoluto a avaliación nin a entrega da tarefa.

Se queredes mellorar a calidade das imaxes, a solución máis eficaz é:
En Canva Pro → Editar → Ferramentas → Optimizador (icona do xirasol)

Optimizador

Tamén axuda traballar con imaxes de boa resolución desde o inicio e evitar amplialas en exceso dentro do deseño.

💪 Ánimo nestes últimos días, estades facendo un traballo moi bo.

Lembrade que o prazo de entrega remata o día 8/05 ás 23:59.

Seguimos!