Benvida ao curso V2002158 - Creación de recursos didácticos na Web 2.0

Benvida ao curso V2002158 - Creación de recursos didácticos na Web 2.0

por Emma Janeiro Torres -
Número de respostas: 0

Estimada/o compañeira/o:

Douche a benvida o curso “Creación de recursos didácticos na Web 2.0” no que estás matriculada/o.

Respecto ao curso é importante que teñas en conta:

Duración do curso e certificación

A duración a efectos de certificación será de 10 horas, comenzando o luns 23 de novembro e acabando o 5 de decembro.

O curso levarase a cabo de xeito presencial mediante videoclases, polo que é necesario asistir ao 80% das sesións que se celebrarán a través de Cisco Webex Meetings.

 

Lugar, data e horas das videoclases:

Poderás acceder ás videoclases entrando coa túa conta de Cisco Webex Meetings coas as seguintes credenciais, que tamén foron enviadas ao teu correo electrónico:

 

As videoclases terán lugar os días:

  • Luns 23 de novembro de 18:00 a 20:00.

  • Mércores 25 de novembro de 18:00 a 20:00.

  • Venres 27 de novembro de 18:00 a 20:00.

  • Luns 30 de novembro de 18:00 a 20:00.

 

Relator

O voso relator é Carlos Parada Gandós quen dará as videoclases e aclarará as vosas dúbidas.

 

Material dispoñible e tarefas

O material do curso estará dispoñible na Aula Virtual do CFR de Vigo. Podes acceder ao curso a través da seguinte ligazón: https://centros.edu.xunta.gal/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=1052 

Ao rematar todas as videoclases teredes que entregar unha pequena tarefa antes do día 5 de decembro (data na que remata o curso) na propia aula virtual do CFR. 

 

Acceso á Aula virtual:

Foiche creada ou actualizada unha conta na Aula virtual do CFR de vigo coas seguintes credenciais:

  • Usuario: omeucorreo@edu.xunta.gal  (o teu correo da xunta.Non esquezas poñer o “@edu.xunta.gal”). 
  • Contrasinal: cambiame

Se tes problemas para entrar podes probar introducindo o teu correo corporativo no formulario de recuperación de contrasinais. https://centros.edu.xunta.gal/cfrvigo/aulavirtual/login/forgot_password.php


Quedo á vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración. 

Un saúdo.

Emma Janeiro

Asesora CFR - Vigo

e-mail: emmajaneiro@edu.xunta.gal