No tema 7 de recursos engadín un mapa coa ruta rexistrada polo gps de man no que se pode seguir o percorrido real que fixemos. Como curiosidades, hai zonas nas que se perde o sinal (pola vexetación, obstáculos, túneles, o apantallamento do autobús). Cousas da tecnoloxía, que está moi lonxe de ser perfecta. Tamén se pode ver o paseo polo Pazo da Escola e a volta que demos para chegar ó muíño de Navia. Están marcados os puntos de interese no mapa por se algún quere volver por libre. Saúdos