Blog

Re: Blog

por Carlos Paraga Gandos -
Número de respostas: 0

Ola Jose Manuel, alá imos:

- Para inserir as etiquetas chave no blogue, tes que inserilas en cada unha das entradas que escribas; dende o modo edición, á dereita tes a caixa Etiquetas, separadas por comas, debes inserir as palabras chave que referencian o artigo que estás escribindo. Logo, para facelas visibles na portada do teu blogue, podes engadir o Gadget Etiquetas, isto se fai dende a Administración do blogue --> Deseño ---> Añadir Gadget. Aquí tes que elixir e axustar o Gadget Etiquetas.

- de entrada, non existe ningunha diferencias en inserir o video dende a funcionalidade da parte superior, o único que debes ter en conta é: coa icona so podes inserir videos de Youtube ou que se atopen nun dispositivo de almacenamento ao teu alcance; co procedemento que vimos no curso podes engadir calquera recurso da rede que ofreza o código para ser embebido.

Un saúdo

Carlos Parada