Ir ao contido principal
CFR Vigo
  • Inicio
  • Calendario
  • Anuncios
  • Formacións
    Buscar cursos Plan Anual de Formación Actividades de Formación de Centro Actividades de Formación Individual
  • Préstamos
  • Calidade
  • Internacionalización
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
CFR Vigo
Inicio Calendario Anuncios Formacións Contraer Expandir
Buscar cursos Plan Anual de Formación Actividades de Formación de Centro Actividades de Formación Individual
Préstamos Calidade Internacionalización

    Calidade

    Requisitos do completado

    Satisfacción de partes interesadas


    Para coñecer a apreciación das persoas usuarias en relación ao cumprimento dos seus requisitos por parte da organización, determínanse dúas fontes de información:

    • Enquisas
    • Suxestións, queixas e reclamacións (SQR)

    Mediante as enquisas recóllese o grao de satisfacción dos/as usuarios/as e do persoal do Sistema de Formación Permanente do Profesorado, e mediante as SQR o grao de insatisfacción de toda a cidadanía, incluíndo os dous colectivos anteriores. Estas sondaxes son as programadas e non exclúen a realización de enquisas a outro tipo de colectivos, que en determinadas ocasións poden considerarse de interese.

    En todos os casos o desenvolvemento do proceso lévase a cabo da forma que se define a continuación:

    Enquisas de satisfacción

    • No caso da comunidade educativa, as enquisas realizaranse ao profesorado participante nas actividades de Formación (proceso implantado na aplicación Fprofe).
    • Poderán programarse enquisas de satisfacción para distintos niveis educativos ou colectivos, por exemplo equipos directivos e coordinadores/as de formación, segundo os criterios que se acorden no Comité de Calidade e/ou a proposta da Xefatura de Servizo de Programas de Formación.
    Suxestións, queixas e reclamacións (SQR)

    Os criterios definidos polo Sistema de Formación Permanente do Profesorado para o tratamento das suxestións, queixas e reclamacións (SQR) son:

    • Suxestión: Idea que se lle aporta ao Sistema con ánimo construtivo para a súa mellora.
    • Queixa: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que o Sistema de Formación Permanente do Profesorado non ten contraídos compromisos debidos ao sistema de calidade ou legais.
    • Reclamación: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que o Sistema de Formación Permanente do Profesorado ten contraídos compromisos polo sistema de calidade ou legais e non cumpridos, coa exclusión das reclamacións e recursos regulados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, 2/10/2015).
    As persoas usuarias deberán presentar as súas SQR por escrito, en formato libre, e asinadas. Poden achegarse por correo electrónico dende o enderezo corporativo a cfr.vigo@edu.xunta.gal
      • MC.06_Politica_Rede_Formacion_asinada.pdf MC.06_Politica_Rede_Formacion_asinada.pdf
    ◄ Formación individual
    Internacionalización ►
    Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
    Resumo da retención de datos
    Políticas
    Obter a apli móbil
    Xunta de Galicia
    Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
    Portal educativo   Contacto   Aviso legal   Protección de datos   Atención á cidadanía   Accesibilidade 
    Fornecido por Moodle