Section outline

    • Ola e benvidx! Por este medio poderemos comunicarnos ademáis de solucionar dúbidas que vaian xurdindo no proxecto. Anímote a que participes e antes de comezar coas actividades non esquenzas saúdar e presentarte virtualmente!!

       

  • Benvidx o teu novo emprego!

    Si, liches ben!! Tes 11 anos e xa vas a asinar o teu primeiro contrato!! 

  • Atención, gravamos!!

    Por favor, silencio! No aire en tres, dous, un,...

    • Xa chegou o momento que estabamos agardando, a gravación do noso primeiro programa de radio en formato podcast!!
      Con todo o que levades feito e a axuda dos vosos compañeiros pronto vos percataredes do sinxelo que será. As reunións polo WebEx tanto de Equipos coma de aula, serviron para tomar moitas decisións, así que agora soamente queda unir os retais.

      Pero antes...

      Se te fixas, hai unha diferencia moi grande entre montar unha radio nun aula que montala dende as casas, cada quen facendo o seu traballo e coordinándonos mediante o WebEx. Por non dicir que nós, non contamos con estes medios dixitais. Pero tampouco os necesitamos!! O auténtico reto desta actividade será seleccionar as ferramentas mellores para sacar o noso programa adiante. E isto, ídelo a facer vós! Así que colle forza e adiante!!
      Estas son as tarefas que faredes:
      • Elección das músicas ou melodías para o programa (Equipo de creativ@s).
      • Textos para o primeiro programa (Equipo de creador@Gras de contido).
      • Grabación do primeiro programa (Equipo de presentador@s).
      • Edición (Equipo de técnic@s).
      • Entrevistas ás familias (Todos).

      O traballo desta quincena será correlativo. Non poderemos empezar a traballar antes de que os nosos compañeiros doutros equipos teñan a súa parte feita, pero mentres esperamos, podemos ir facendo as entrevistas ás familias.
    • Nesta tarefa deberás enviar as pistas musicais que seleccionaches para o programa de radio. Tes de data límite ata o 2 de novembro.

      No esquezas editar o nome dos arquivos poñendo PISTA-(nome da sección)-(teu nome de pila).

      EXEMPLO: PISTA-actualidade-MarioFernándezVázquez.mp3
    • Nesta tarefa deberás enviar o Google Docs que editástedes entre todo o equipo, unha vez rematedes. Aínda que é untraballo grupal, TODOS debedes enviar o arquivo poñendo CONTIDO-(teu nome e apelidos).

      EXEMPLO: CONTIDO-MaríaÁlvarezMartínez.
    • Nesta tarefa deberás enviar a grabación da túa parte da sección do programa. Unha vez teñas a túa pista en formato MP3 soamente terás que cambiar o nome do arquivo do seguinte xeito: PRESENTACIÓN-(teu nome e apelidos).

      EXEMPLO: PRESENTACIÓN-MarcosGonzálezPena
    • Nesta quincena deberedes entregar as seccións que editástedes co traballo dos vosos compañeiros. Una vez rematedes, teredes que colgar aquí os arquivos, non sen antes renombralos poñengo EDICIÓN-(Nome e apelidos).

      EXEMPLO: EDICIÓN-XuliaDizDiz