• Formación técnica

    ? 19 de abril de 2024 ás 16:30h - 20:30h.
    ? 20 de abril de 2024 ás 10:00h - 14:00h.

    8h presenciais no Centro de Formación e Recursos

    Logotipo Polos Creativos

    Nos Centros de Formación e Recursos de referencia de cada centro educativo aprenderás a usar os elementos do Polo Creativo a través dun proxecto educativo sinxelo como eixo condutor da aprendizaxe. Serán pequenos obradoiros acerca de corte láser, electricidade, téxtiles, programación, audiovisuais, edición, posprocesado 3D, etc. Todo con carácter práctico e transferible á práctica de aula. Nesta sección tes dispoñible toda a información que precisas para desenvolver exitosamente os obradoiros.

    As temáticas dos obradoiros para os docentes de Educación Infantil en CRA e EEI son:

    • Impresión 3D
    • Plotter de corte (cricut ou similar)
    • Bloques de construción
    • Radio

    As temáticas para o resto de docentes:

    • Impresión 3D
    • Plotter de corte (rotutex)
    • Corte láser
    • Radio