Section outline

  • logo Radio Biblio 

    Traballar a radio escolar no centro ou na aula é un interesante recurso se queremos que o verdadeiro protagonista do proceso de ensinanza aprendizaxe sexa o alumnado. Como? Poderiamos facer un traballo por proxectos, creando o alumnado o seu propio produto, partindo dos seus intereses, en grupos de traballo, investigando, fomentando o pensamento, buscando información, seleccionándoa e tendo claro que é o que se quere facer, para logo comunicalo. Todo isto permítenolo a ferramenta da radio escolar.

    • logo Radio Biblio No IES Valadares temos a sorte de contar cunha radio escolar dentro da biblioteca: Onda Valadares

  • pregunta

    Partindo do currículo, dos estándares de aprendizaxe e da realidade do alumnado, temos que seleccionar un tema e propoñer ao alumnado unha pregunta inicial que nos axude a detectar os seus coñecementos previos sobre o tema.

    Coa pregunta inicial axudaremos ao alumnado a pensar que deben investigar ou que estratexias deben seguir.

  • grupos de traballo

    O mellor é que o alumnado estea organizado en grupos de tres, cada un deses grupos será unha redacción, semellantes ás que existen en radios profesionais con temas diferentes, de xeito que hai unha diversidade de perfís e cada un xoga un papel.

    En cada un deses grupos haberá:

    • Portavoz do equipo.
    • Secretario/a que anote os acordos.
    • Un/unha encargado/a do material.

    O primeiro que deben facer é un plan de traballo onde especifiquen as tarefas previstas, os/as encargados/as de cada unha e o calendario para realizalas.

  • Programa Radio

    Hai que deixar claro o produto que o alumnado debe desenvolver en función do tema no que desexa traballar e da redacción (grupo) na que se atopan. Pode ter diferentes formatos de radio: un spot, un debate, unha entrevista, unha reportaxe, un guión, etc.

     

    Cada un dos grupos tenen que presentar un plan de traballo onde especifique as tarefas previstas, os encargados de cada unha e o calendario para realizalas.

  • Investigación

    Os docentes debemos ser activadores, guías e acompañantes do proceso de investigación.

    Debemos deixar que sexan os alumnos/as os que busquen, contrasten e analicen a información que necesitan para realizar o produto final. Para levalo a cabo deben realizar unha boa curación de contidos, xa que non todo vale en Internet.

  • Presentación

    Chegou o momento de que o alumnado expoña ao resto de grupos a información recollida, comparta as súas ideas e comunique con que formato radiofónico vai realizar o seu produto final que nos vai servir para avalialos.

    Despois de cada exposición o resto de grupos e o profesorado achegará as propostas de mellora do proceso e/ou do produto final.

  • realizando

    Nesta fase o alumnado terá que realizar o  produto radiofónico que dea resposta á pregunta inicial.

  • Presentacion

    Cada grupo ten que expoñer ao resto da aula o seu produto e mostrar o modo en que deron resposta á pregunta inicial co produto realizado.

    É moi importante que teñan un guión estruturado da presentación, na radio non se pode improvisar. Deben explicarse de maneira clara e apoiar a información cunha gran variedade de recursos.

    Nesta fase pódense facer gravacións de audio co seu móbil para que se escoiten e poidan ir mellorando a locución. Escoitarse vailles  axudar a realizar o traballo de maneira máis responsable. Ao profesorado vaille servir de avaliación, coavaliación e autoavaliación.

    Unha vez concluídas as presentacións de todos os grupos, reflexiona co teu alumnado sobre a experiencia e invítao a buscar entre todos unha resposta colectiva á pregunta inicial.

  • gravando

    Agora toca realizar o produto final, o programa de radio, cos produtos realizados polos distintos equipos.

    Para darlle forma é recomendable nomear a dous redactores/as xefes e dous responsables técnicos. Os/as redactores/as son os encargados de realizar o guión do produto final e realizar a escaleta cos responsables técnicos. Os responsables técnicos encargaranse da produción técnica do programa, seleccionar a  música axeitada, marcar os tempos, etc.

    Para gravar o programa o mellor é facelo en directo, sen cortes, xa que lle vai servir ao alumnado para mellorar a expresión oral e escrita, marcar os tempos, realización dos guións, etc.

    • logo ivoox  O produto final pódese difundir en ivoox onde Onda Valadares dispón de espazo propio.