Contadas de Samaín - Amalia P. Otero
Section outline
-

Imos crear contos curtos ou microcontos coa temática de Samaín.
Repasamos algunhas cousiñas xa traballada e poñémonos mans á obra (nunca mellor dito) coas nosas terroríficas creacións.
Seguimos a traballar nos grupos cooperativos.
Recordade que no cadro tendes os estándares que se vos piden nesta tarefa.

-
Como en todas as tarefas, abrimos este foro social para que preguntedes e aportedes o que vos interese sobre esta tarefa e os temas que conleva.
Xa sabedes que todo o alumnado pode preguntar, aportar e contestar xa que o enriquecemento é cando estamos todos a unha... así que ABRIMOS FORO!
-

Xa coñecedes as historias que o autor arxentino Mauro Croche nos presenta a través de conversas nos Whatsapp.
Preséntovos unha versión (edulcorada) dunha historia de Croche que reformei para vós usando genial.ly: https://view.genial.ly/5de41ddb5887360f691221d0
Seriades capaces de facer unha historia con formato de chat?
Pode ser romántico, cómico, de Nadal, de medo...
