Topic 2
Section outline
-
Drupal: Construción da páxina
É aquí, nos menús de administración "Construción da páxina", onde configuramos todo o relativo á estrutura física da páxina. Dende a distribucións dos seus diferentes elementos (bloques e menús), ata a selección das plantillas que dan un aspecto máis personalizado.Os módulos son os responsables de engadir novas funcionalidades á nosa páxina. Como administradores no centro dun Proxecto compartido cos demais centros educativos galegos, poderemos activar e desactivar os módulos xa instalados pero a instalación de novos módulos só queda permitida aos responsables do proxecto Webs dinámicas.
A xestión de usuarios e roles e os seus permisos dános unha gran flexibilidade de configuración, de xeito que podemos limitar a visualización de determinado contido para determinados usuarios, limitar tamén a creación de contido, ou limitar incluso as zonas de creación e contido.