Section outline

  • Destacado

    DRUPAL 5.7

    Drupal: Administración do contido


    Administración do contido
    Drupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta estupendamente ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.

    Entre algunha das súas características principais están as seguintes:
    • Conta cunha ampla comunidade de usuario que o empregan e o manteñen.
    • Está baseado en software libre.
    • Presenta un entorno modular.
    • Unha magnífica xestión de usuarios, permitindo acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
    • Múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
    • Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
    • O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.

    Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.

    Neste bloque pretendese informar dos diferentes tipos de contidos e da súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos.