Despois dunha sesión inicial e introdutoria sobre a multimedia, os seus elementos constituíntes, a súa importancia social e educativa e a xestión didáctica da mesma, proporase aos participantes elaborar un curso ou unidade didáctica (para o segundo ou terceiro trimestre) na plataforma Moodle do centro ou do CFRTIC sobre unha temática das distintas áreas e materiais curriculares de referencia e que teña como soporte principal a multimedia. Neste curso haberá un primeiro módulo ou lección introdutoria utilizando recursos multimedia de Internet, un segundo módulo con actividades multimedia educativas da comunidade docente (repositorios educativos), un terceiro módulo con actividades de aprendizaxe (webquest, etcétera) realizadas coa aplicación de deseño multimedia ExeLearning e compiladas en formato Scorm e un módulo de avaliación final con actividades elaboradas coa aplicación de java, JClic.