Esta guía ten como obxectivo proporcionar unha visión xeral do funcionamento dun Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Dende o xeral ao particular, explícase a estrutura en base ás de liñas de traballo establecidas na convocatoria, os itinerarios formativos dentro de cada liña e as actividades específicas en cada itinerario. Así mesmo, esta guía pretende ser unha axuda práctica para a xestión das sesións de traballo do PFPP, incluíndo como acceder ao sistema, xerar actas de traballo que serven como proba documental para a certificación, controlar a asistencia, xestionar as docencias e organizar a documentación requirida ao finalizar o proxecto.