Citar as obras
Exemplos de atribución para materiais CC
É importante que cando se cita un material se inclúan os seguintes datos:
- Título
- Autor
- Licenza
- Fonte
Exemplos de como podemos atribuír autoría nunha imaxe CC que utilicemos nun material propio, en función do uso:
Material orixinal
Cando incorporamos un material licenciado con CC no noso traballo sen modificacións, debemos indicar título, autor, fonte e licenza. Neste exemplo, collemos unha imaxe de CC Search creada por Laronga e titulada "Gato boncejando", con licenza CC BY-SA 2.0, para incorporala no noso traballo (material en liña).
Laronga. "Gato bocejando" (CC BY-SA 2.0)
No caso de que fora un material fora de liña, é importante que apareza a URL da licenza:
Material modificado
Se queremos realizar algunha modificación nun material antes de incorporalo ao noso traballo, debemos indicalo tamén na atribución. Seguindo co exemplo anterior:
Laronga. "Gato bocejando" (CC BY-SA 2.0) / Desaturado do orixinal
Obra derivada
No caso de crear unha obra derivada (nova obra a partir doutra), indicarémolo tamén. Seguindo co exemplo anterior:
C. Valdera. "La llamada de la selva" (CC BY-SA 2.0), a partir da obra "Gato bocejando" de Laronga (CC BY-SA 2.0)
Aquí podemos ver exemplos diferentes de boas prácticas de recoñecemento de autoría.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0