PERCORRIDOS DE ORIENTACIÓN
Requisitos do completado
- Os alumnos realizán percorridos señalados no mapa da pista cuns obstáculos. A forma de comprobar de que os alumnos non se equivocan é que un compañeiro controle que pasa polos puntos establecidos no percorrido. Polo anterior, o recomendable é que o alumnado estea distribuido por parellas de forma que un controla as realizacións dos percorridos por parte do seu compañeiro/-a.
- Unha vez que todo o alumndo xa fixo tódolos percorridos tratamos de que os fagan de memoria. Partindo dende unha das porterías observan o percorrido e van facelo, se se equivocan deben regresar a comprobar o seu erro e reiniciar o percorrido. O compañeiro/-a que está controlando é o encargado de chamalo se non o fai correctamente.
- Debemos evitar que partan varios alumnos moi seguidos nun mesmo percorrido porque poderían seguirse ditorsionando o espíritu do exercicio.
- Deberemos ter varias copias de cada percorrido para que varias parellas poidan facer o percorrido o mesmo tempo.
- En cada control colocaremos unha "seta" ou un cono que o corredor deberá tocar para certificar o seu paso.
- Sería recomendable que o propio alumnado colocase os controis, é unha forma de facer orientación.