? Que é GIMP?

Gimp é un editor de imaxes para ordenador, multiplataforma (é dicir, que funciona en Windows, Mac e Linux), de balde e de código aberto. É unha alternativa a programas como Adobe Photoshop ou Affinity foto, que se cadra che sonan máis.

? Preme nesta ligazón se desexas descarregar o programa


? Quero aprender!

A forma máis sinxela e divertida de aprender é fedellando. Acouga, que non has romper nada. Como podes supoñer, o programa ten milleiros de opcións e coñecelas todas polo miúdo non é posible sen horas de esforzo, pero facer as tarefas máis elementais éche algo moito máis asumible. Porén, aquí tes unha escolma de vídeos que che axudarán cos primeiros pasos. Vai ao teu ritmo, investiga e se algo chama a túa atención, experimenta! ?


Última modificación: martes, 16 de marzo de 2021, 6:01 PM