Juan é profesor de inglés en sexto e sempre se interesou polo uso das novas tecnoloxías como ferramenta de colaboración e aprendizaxe.

Luisa tamén é profesora de inglés no mesmo curso e sempre estivo interesada en cuestión relacionadas coa propiedade intelectual e os dereitos de autor.

Juan, sen comentalo co resto de persoas do seu departamento, tomou a decisión de cara ao curso que comeza: Crear un blogue onde colocar recursos que considera importantes para a asignatura de inglés. A pesar dos comentarios de Luisa, quen lle recomenda unha formación previa en dereitos de autor e propiedade intelectual, Juan decide seguir adiante co seu proxecto.

Para buscar recursos Juan utilizará o seu buscador favorito e introducirá conceptos de busca que considera relevantes.

Debido a que todo o grupo de sexto está a traballar na unidade didáctica "libros e literatura" ocórreselle comezar buscando recursos sobre a serie de novelas fantásticas Harry Potter, da autora británica J.K Rowling. O primeiro que fai é buscar un extracto de un dos libros: Harry Potter and The Sorcerer's Stone. Despois de introducir en Google a busca "Harry Potter and the Philosopher's Stone extract" atopa na primeira entrada
http://www.bookbrowse.com/excerpts/index.cfm?book_number=452

A continuación, tamén dentro de google vai ao buscador
también dentro de Google va al buscador de "Imágenes" e introduce "Harry potter sorcerer's stone". Ahí encuentra el cartel de la película y decide también incluirlo en el blog.
http://www.impawards.com/2001/harry_potter_and_the_sorcerers_stone_ver4.html

Por último Juan vai ao buscador de vídeos de Youtube e volve a introducir "Harry Potter Sorcerer's Stone". Alí atopa fragmentos da película. Cando vai a seleccionar un vídeo de sete minutos coa pelexa entre Voldemor e Harry Potter http://www.youtube.com/watch?v=_VtTnKD3D-M atópase coa seguinte mensaxe:

"Este vídeo inclúe contido de MC for Warner Bros., que foi bloquedo por motivos de dereitos de copyright". Desculpa as molestias.

Non lle da máis importancia e decide utilizar outro vídeo da película.

Juan comprobou o sinxelo que resulta atopar recursos: imaxes, xogos, actividades de aprendizaxe, información textual, etc. Considera que todo este contido, ao estar en internet, pode ser reutilizado na súa páxina sen ningún problema.

O resultado é o seguinte blogue: http://resourcesandmore.blogspot.com/



Que opinan outras persoas acerca do blogue de Juan?

Última modificación: xoves, 21 de xullo de 2016, 1:11 PM