Section outline
-
WILL VARNEY fará unha introdución xenérica sobre a ensinanza CLIL centrándose nos seguintes aspectos: -o marco das 4 Cs (The 4 Cs Framework), fundamentos pedagóxicos que sosteñen o enfoque CLIL e os requerimentos que estos impoñen sobre a escola, o docente e os materiais de ensinanza. -obxectivos da aprendizaxe CLIL (CLIL learning obxectives) -metodoloxía CLIL (CLIL methodology), características da ensinanza baseada en CLIL, estratexias e as estructuras máis comúns nas lecións CLIL.
-
ÁNGELA ÁLVAREZ-COFIÑO MARTÍNEZ, na primeira sesión (Planning in CLIL), traballará sobre a diferencia entre a ensinanza CLIL e ESL, que debe ser CLIL e que non, programación de unidades didácticas CLIL, tipos de materiais e actividades, estilos de aprendizaxe e habilidades cognitivas a traballar en CLIL, rúbricas de avaliación. Na segunda sesión (Cross-curricular CLIL projects) levará á práctica unha unidade CLIL sobre o ciclo de vida da rá, vendo como se secuencian as actividades, que tipo de materiais se poden usar, etc.
-
FCO. XABIER SAN ISIDRO AGRELO
MÓDULO DE SECUNDARIA
1) Designing CLIL: a Global and Project-based Perspective: este obradoiro centrarase nos aspectos básicos do deseño de propostas didácticas CLIL, dentro do enfoque por tarefas e proxectos. Mediante a análise de experiencias de aula (vídeos de mostra, unidades CLIL reais, análise e deconstrución de materiais CLIL, etc) e utilizando guías de elaboración, o profesorado participante será quen de deseñar as súas propostas didácticas.
2) Assessment in CLIL: Integrated Model and Rubrics: Neste relatorio abordarase a seguinte cuestión: "por que a avaliación en CLIL é unha área complexa?". Dependendo do modelo CLIL adoptado, a avaliación vai dende unha avaliación separada de lingua e contido ata unha avaliación integrada e en equipo. Analizarase o modelo de rúbricas como unha posibilidade e descubriremos os xeradores de rúbricas que podemos atopar na rede para aplicar na nosa aula.