? Que é o editor de vídeo de Windows?

O editor de vídeo de Windows é un pequeno editor de vídeo instalado de serie e gratuitamente en ordenadores con sistema operativo Windows 10. Non se trata dun editor moi potente, pero permite facer cousas xeitosas sen consumir moitos recursos do equipo e de forma moi sinxela. Está un pouco agochado... pero está! Se empregas Windows con frecuencia, é a túa ferramenta ideal.


? Quero aprender!

A forma máis sinxela e divertida de aprender é fedellando. Acouga, que non has romper nada. Como podes supoñer, o programa ten milleiros de opcións e coñecelas todas polo miúdo non é posible sen horas de esforzo, pero facer as tarefas máis elementais éche algo moito máis asumible. Porén, aquí tes unha escolma de vídeos que che axudarán cos primeiros pasos. Vai ao teu ritmo, investiga e se algo chama a túa atención, experimenta! ?


? Guía oficial cos primeiros pasos para traballar con este editor.


Última modificación: martes, 16 de marzo de 2021, 6:07 PM