A primeira actividade que soemos pedir ao alumnado é unha tarefa.

Como docentes hai tres cousas que debemos saber facer:

  1. Crear unha tarefa dentro da Aula Virtual.
  2. Restrinxir o acceso a esta tarefa, xa que en ocasións haberá alumnado con adaptacións que terán que realizar tarefas diferentes
  3. Corrixir a tarefa co PDF Launch Editor. Esta é unha posibilidade que ofrece Moodle para que o profesorado realice as correccións oportunas (xerais ou individualizadas) sobre as tarefas entregadas.
Última modificación: venres, 19 de febreiro de 2021, 1:30 PM