Foro de presentación

Enganchada á aula virtual....

Enganchada á aula virtual....

por Cristina Lorenzo -
Número de respostas: 1

Bo día:

Matricúlome e preséntome un pouco tarde pola falta de tempo... pido desculpas...

En marzo do 2020, forzosamente descubrín MOODLE e a AULA VIRTUAL e creei a do noso colexio, con axuda humana case 24 horas/día e videos titoriais, o 20 de marzo de 2020 empezou a funcionar a AV do CEIP PÍO CABANILLAS GALLAS

Na actualidade emprégoa como ferramenta habitual nas miñas aulas... enganchada aos recursos e posibilidades que ofrece, gustaríame saber un pouco máis... por iso estou aquí... (ao igual que se fora un videoxogo para os nenos/as). 

Espero tamén dar resposta ás dúbidas que teño con MOODLE ... 

Sen máis... a desfrutar da formación.

Un saúdo.

En resposta a Cristina Lorenzo

Re: Enganchada á aula virtual....

por Manuel Felpeto González -
Boas!
Se os contidos do curso non resolven as túas dúbidas sobre moodle, xa sabes, aquí estamos para intentar axudar, podes escribir por mensaxería e miramos o xeito de solventalas.
Ánimo!