Foro de presentación

Presentación

Presentación

por María Elisa López -
Número de respostas: 1

Ola a tod@s! 

Son Elisa, titora dun grupo de 6º de Educación Infantil no CPI de Rodeiro. Este curso paréceme moi interesante e aínda que parto de cero e vai dirixido principalmente a outras etapas, vouno afrontar con gañas. Espero que ó rematar teña algo máis de idea sobre a aula virtual e as posibilidades que ofrece.

Saúdos!

En resposta a María Elisa López

Re: Presentación

por Manuel Felpeto González -
Boas, Elisa!
É certo que o curso non é específico de infantil, pero seguro que atopas cousiñas interesantes. Na parte final veremos actividades interactivas que perfectamente se poden empregar nesa etapa.
Ánimo co curso!