Boa tarde,
Comezamos hoxe esta edición do curso de Creación de contidos dixitais para a aula virtual que vai ser impartido e titorizado por Manuel Felpeto que xa se presentou neste foro.
Anímovos a participar o máis activamente posible, lémbrovos que calquera dúbida podedes facela nos foros, ou facerma chegar por correo electrónico; pero sobre todo que tratedes de ser moi puntuais na entrega de tarefas, xa que para rematar a finais de mes non nos podemos demorar ningún día.
Seguramente algúns de vos, recibiredes un correo de estar rexeitados nun curso con un título igual ca este. Non lle prestedes atención, simplemente é debido ás xestión que tivemos que facer ao estar todos inscritos nun curso base do cal tivemos que facer trasvase posterior a outros “cursos” con outros códigos.
O importante é que aquí estamos nesta singladura dixital
Saúdos