Bo día,
O outro día preguntábame Marta como facer a configuración das cualificacións dun curso da EOI.
Segundo entendín, para aprobar o curso, os participantes deben cumprir estes requerimentos:
- O curso ten 5 partes. Débese acadar un 12,5 en cada unha delas para considerarse superada
- Para superar o curso débese acadar a nota anterior en cada parte (12,5) e ademáis un mínimo de 82,25 no total do curso.
É dicir, para aprobar o curso débense cumplir dúas condicións á vez: unha por categoría e outra do total
A solución que se me ocorre é a seguinte:
- Configuramos a categoría total do curso da seguinte maneira:
- Administración do curso> Axustes do libro de cualificacións
- Accións> Editar> Editar a configuración

- Categoría de cualificación> Agregación> Suma de cualificacións (se non me equivoco)

- Total da categoría>
- Configuramos a nota máxima en 125 (se non me equivoco) e a nota para mínima para aprobar en 82,25

- Configuramos as categorías inferiores (unha por parte) do mesmo xeito:
- Accións> Editar> Editar a configuración

- Total da categoría>
- Configuramos a nota máxima en 25 ( se non me equivoco) e a nota para mínima para aprobar en 12,5


Polo de agora é o que se me ocorre, aínda que non sexa a solución idea.
Marta, se probas co alumnado, cóntanos que tal che foi.
Grazas e un saúdo!
Saínza