Ola!! Chámome Paz Pousada e son profesora de Educación Física, en infantil e primaria, no CEIP Vilaverde-Mourente de Pontevedra. No noso centro temos aula virtual aínda que o seu uso é desigual en cada curso. Desde a miña área estou a utilizar a AV para mandar tarefas a algún alumnado que non acode ao centro por causas derivadas da Covid. Sei subir contidos, crear tarefas e corrixilas , aínda que me falta moita práctica e teño que mirar continuamente tutoriáis e instrucións. Tamén creei algunha copia de seguridade pero non restaurei ningún curso.
En canto a Webex, como son a directora do centro convoco e realizo as reunións de claustro e consello escolar a través desta plataforma. Os claustros fágoos directamente a través da miña sala persoal e os consellos escolares, con usuario e contrasinal.
Un saúdo.