Ola a todas e todos,
meu nome é Óscar Rodríguez García, profesor de Xeografía e Historia do IES Illa de Ons, en Bueu.
Acompañareivos como guía e titor neste curso, que leva o ambicioso título de “Creación de contidos dixitais para a aula virtual”. Trátase dun curso de 20 h no que procuraremos: reflexionar sobre o noso papel como docentes na nova sociedade do coñecemento, sobre a función didáctica das TAC, afondar no uso e reutilización de recursos dixitais e, por último, achegarnos á creación de tarefas multimedia con ferramentas de autor/a. Traballarás dun xeito autónomo coa documentación proporcionada, ao teu ritmo, e a miña tarefa será axudarte en todo aquilo que precises para completar exitosamente as actividades e superar o curso.
Un bo xeito de comezar é presentarse no Foro de presentación, que atoparás na lapela de Introdución do curso.
Calquera cuestión, dúbida, consulta, podédela remitir a través do foro ou dun correo electrónico.
Un saúdo amical compañeros/as,
Óscar Rodríguez.