Bos días. Nos ordenadores de algúns centros educativos que consultei, non deixan abrir os Genially creados. Nin por cable nin wifi, entrando cos datos dun móbil si que é posible. Según UAC é porque o dominio de Genially está en listas negras. Alguén sabe algo referente a este tema?
Pois si, ao parecer Genially aparece nas listas negras e polo tanto dende os centros non se poden acceder a eles.
Supoño que ten que ver co boom que tivo genially nesta pandemia porque eu levo 3 anos usandoo no cole e non tiña ningún problema :-( esperemos que o quiten da lista pronto
bicos
Boas tardes
A mediados de abril pasou algo semellante. Comunicámosllo por e-mail a Genially e solucionaron nun par de días. Segun parece por un problema cun dos certificados de seguridade. Durou 15 días, porque o día 8 de maio volveu fallar. Levo dándolles a tabarra desde ese día e a ultima noticia que teño deles é neste mail de hoxe no que non me aclaran nada.
Proba a ver se ti tes máis sorte.