Ola,
A mestra de inglés do meu cole quere facer unha proba coa pregunta de verdadeiro e falso. Ela elabouro toda a pregunta en inglés pero automáticamente o de "verdadeiro/falso" aparece en galego. Habería opción de cambiar esto?
Grazas

Directamente non pode...
Pero pode elaborar unha pregunta de resposta múltiple cunha única opción permitida. Así podería elaborar os textos das respostas sen problema e o efecto final sería exactamente o mesmo que nunha pregunta verdadeiro/falso.
Saúdos
Boa idea! As veces o máis sinxelo é o que mellor resulta!
Grazas!
Eu moitas veces fago unha única super-pregunta "cloze" onde van dentro as demáis preguntas, porque me resulta moi latoso andar co banco de preguntas :). Ó ser ese tipo de pregunta pode poñer o que queira como opción correcta: en inglés, chinés ou malayo do leste.
Moitas grazas! Pero por aquí aínda non se chegou a ese nivel...jejeje. Imos seguir practicando a creación de preguntas para despois poder dar o salto!
De todas formas, moitas grazas!
Saúdos