Foro de dúbidas

Problemas co sonido en cisco webex

Re: Problemas co sonido en cisco webex

por Roberto Maquieira -
Número de respostas: 0

Si, resulta curioso Inés, pero sucede polo que dicía David, cando o micro recolle a onda sonora que sae do altavoz fai vibrar ao propio micro ainda que non esteas falando (chega con que falen os outros). Se non desactivas o micro o bucle é constante e pode ser moi molesto (entendo que é o mesmo principio básico dos "acoples" ou efecto Larsen).

Non sei si existen programas de videoconferencia que detecten automáticamente determinado umbral de son e activen ou desactiven os micros automáticamente. Entendo que ao depender das tarxetas de son de cada usuario programar os umbrais podería ser moi complicado.

Espero non terme enrollado demasiado. ;-)

Saúdos,

Rober